Saturday 04 de May de 2024

Avances nas expropiacións previas á ampliación da Ponte da Pasaxe


O Ministerio de Transportes, a través da Xefatura de Estradas, solicitou ao Concello de Oleiros a colaboración para dispoñer dalgunha dependencia municipal na localidade de Perillo para proceder á notificación dos expedientes de expropiación das parcelas e edificacións afectadas polas obras de ampliación da Ponte da Pasaxe. O local designado polo Concello será o Torreón Bescansa, nas inmediacións da ría e integrada no paseo.

“Desde o Concello de Oleiros congratulámonos o paso dado polo Ministerio, que vén de anunciar a próxima licitación das obras da nova ponte, e tamén do compromiso de licitalas unha vez se finalicen as obras do túnel e rotonda do Sol y Mar, que prestarán servizo na súa totalidade a finais deste mes ou comezos de maio”, comentou o alcalde.